Convidámosvos a participar nas actividades que programamos para celebrar con nós o 23 de abril, #DíadoLibro2026
- Visita guiada extraordinaria ás 12.00 para que os usuarios e usuarias, e aquelas persoas que aínda non o son, poidan coñecer todos os espazos e servizos que ofrece a biblioteca. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 11.30h.
- Sorteo de 4 lotes de libros entre todas aquelas usuarias e usuarios que leven un libro en préstamo o día 23. Para a realización deste sorteo (o 24 de abril) será o noso programa informático o que elixa de forma aleatoria ás persoas agraciadas ás que se lles comunicará por teléfono a consecución do agasallo e ás que lles pediremos que nos permitan facerlles unha foto no momento da entrega para as nosas redes sociais.
-
Roteiro “30 anos con Concha Castroviejo” ás 18.30h da man de Maos Innovación Social. Paseo que celebra a Concha Castroviejo, unha muller pioneira no xornalismo compostelán e na crítica literaria a nivel estatal, alén de exiliada do franquismo, defensora da regulación do divorcio, narradora das atrocidades das que é capaz o ser humano, animalista e pensadora de utopías.
O roteiro estará acompañado pola lectura dramatizada da escritora e xornalista compostelá Marga Tojo quen, ademais de ler dúas pasaxes dos libros de Concha, creou uns textos propios nos que dialoga coa escritora, tamén compostelá. Dúas autoras entre as que atopamos diversos paralelismos vitais e profesionais.