Celebramos o Mes das abellas e das flores 2026

Imaxe

Co gallo da celebración do Día Mundial da Abella o día 20 de maio, Máisquemel organiza en Santiago de Compostela o Mes das abellas e das flores. O programa inclúe actividades que achegarán a todos os públicos o mundo das abellas e do resto de insectos polinizadores.

Estas son as actividades que temos na nosa biblioteca:

  • Exposicións Cousas de abellas e Apiarte. Cousas de Abellas consta de 8 paneis didácticos sobre a vida das abellas e os seus produtos e Apiarte é un conxunto de obras artísticas sobre o mundo das abellas e a apicultura creadas por diferentes artistas. A unión das dúas exposicións, xunto cos audiovisuais e equipamentos apícolas, conforman un todo e dannos unha visión completa sobre a importancia das abellas e os seus produtos para a saúde e o medio ambiente. Pode visitarse no vestíbulo do 5 ao 16 de maio no horario de apertura da biblioteca.

     

  • Sábado 9 de maio ás 12.00h no salón de actos. Contacontos “Melisa perdeuse” a cargo da Compañía Garabullo. Melisa, unha pequena abelliña, pérdese no bosque cando desaparece o sol. Na súa viaxe, recibe a axuda de distintos animais e, grazas á luz dun vagalume, consegue atopar o camiño de volta á súa colmea e regresar ao fogar. Despois do conto, realizaremos un obradoiro de chapas e as nenas e nenos poderán deseñar as súas propias creacións inspiradas na historia de Melisa. Dirixido a público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala (70 persoas)