Conmemoramos o Día das Bibliotecas con varias actividades para todos os públicos.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas este 24 de outubro de 2026.
O lema deste ano, "Sen profesionais, non hai bibliotecas", quere poñer no centro ás persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un simple conxunto de recursos, estanterías e espazos.
Na biblioteca, ademais de con varias actividades para todo tipo de público, o día 23 celebrámolo con:
* Xornada de portas abertas con visita guiada extraordinaria ás 12:00h aos espazos menos coñecidos da biblioteca. As persoas interesadas poderán retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 11:30h.
E o día 24 con:
* Entrega de lotes de libros aos "superlectores" e "superlectoras" infantís e adultas. Agasallaremos cun lote de libros a aquelas usuarias e usuarios que levaron en préstamo neste ano o maior número de títulos. Son as persoas que máis leron en todo o ano.