Incluímos o coreano no Café de idiomas

Imaxe

Desde o 1 de febreiro haberá sesión de coreano no café de idiomas os xoves de 18 a 19h.

O Café de idiomas é unha proposta da biblioteca para practicar a conversa en diferentes linguas. Non se trata de clases de conversa, polo que non hai profesores nin obrigas. É un encontro libre entre xente cun interese común: practicar unha lingua estranxeira. As sesións realízanse no andar baixo da biblioteca. Hai unha zona reservada para esta actividade, sinalizada cun cartel. Cada día hai tres sesións, cada unha dedicada a unha lingua. Consulta o horario.

Podedes utilizar  como material de apoio o da sección de Linguas do 2º andar (dicionarios, obras literarias noutras linguas, lecturas graduadas acompañadas de cd, unha colección accesible para xordos etc.)

Documentación