A inscrición comeza o 15 de setembro ás 8:30h.
Debido á grande demanda de prazas, este ano tomáronse unha serie de medidas que esperamos contribúan a reducir as listas de agarda.
- Creación doutro club de lectura en español. Posto que era a lista de espera máis longa, creouse outro grupo (coordinado tamén por Tamara Montero) que se celebrará os sábados. En principio crearase coas persoas que estean en lista de agarda para o club dos mércores; no caso de que non se cubran as prazas deste xeito, será posible inscribirse cando abra o período.
- Aumento do número de participantes (ata un máximo de 20 persoas).
- Naqueles clubs con periodicidade mensual, só se permiten 2 faltas sen xustificación.
Os días de celebración das sesións dos Clubs de Lectura son os seguintes:
|
NOME DO CLUB |
DÍA, PERIODICIDADE E HORA DAS SESIÓNS |
| BANDA DESEÑADA |
Luns en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
| FEMINISTA |
Luns en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
| NOVELA NEGRA |
Martes con periodicidade mensual. 19.30-21.00h |
| GALEGO |
Mércores en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
| ESPAÑOL |
Mércores en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
| INGLÉS |
Xoves en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
| PORTUGUÉS |
Xoves en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
| FRANCÉS |
Venres en semanas alternas. 19.30-21.00 h. |
| ESPAÑOL II |
Sábados en semanas alternas. 10.30 a 12.00 |
O procedemento para cubrir as prazas vacantes é o seguinte:
- É preciso ter carné da biblioteca no momento da inscrición.
- Os integrantes do ano 2025-2026 seguen a manter a praza que ocupan.
Entre o 1 e o 14 de setembro:
Nos clubs con prazas vacantes, avisarase ás persoas que integran as listas de agarda, as cales están pechadas dende a finalización das sesións en maio-xuño de 2026
O día 15 de setembro ás 8:30h iníciase o prazo de inscrición para os clubs con vacantes:
- Francés
- Portugués
- Español II (no caso de que non se encha cos apuntados á lista de agarda dos mércores)
Ese mesmo día 15 comeza o prazo de inscrición para as listas de agarda dos seguintes clubs:
- Banda deseñada
- Español
- Español II
- Feminista
- Galego
- Inglés
- Novela negra
Recomendamos ás persoas interesadas nalgún dos clubs nos que non hai prazas vacantes que se anoten nas listas de agarda xa que durante o curso é frecuente que se produzan baixas.
As listas de agarda permanecerán abertas ata o remate dos clubs (mes de maio-xuño).
As solicitudes que cheguen antes do día 15 de setembro non serán tidas en conta.
Os medios para inscribirse son:
• Presencialmente no mostrador de información no horario de apertura da biblioteca.
• Por teléfono, chamando ao 881 999 401
• Por correo electrónico: biblio.publica.santiago [at] xunta.gal (biblio[dot]publica[dot]santiago[at]xunta[dot]gal)
Cada comunicación de inscrición debe ser individual.
O número máximo de clubs nos que pode anotarse e participar cada persoa é de 2. En función da demanda na inscrición, a biblioteca resérvase o dereito de establecer en 1 o número máximo de clubs nos que se pode participar. En calquera caso, sempre nos poremos en contacto coa usuaria ou usuario para que escolla o que máis lle interese.
Calquera cambio nas datas ou horarios comunicarase coa suficiente antelación.
Está previsto que os clubs se inicien a partir do 13 de outubro e que rematen en maio ou xuño de 2027 (o mes de remate dependerá da dispoñibilidade orzamentaria).
A finais de setembro a biblioteca publicará na páxina web o listado de persoas admitidas.