Inscrición no obradoiro de escrita creativa O enxame das palabras. Entre a poesía e as pequenas prosas

Imaxe

O formulario estará dispoñible a partir do 1 de setembro ás 8.30h.

A biblioteca acolle O enxame das palabras. Entre a poesía e as pequenas prosas, un obradoiro de escrita creativa da man de Antía Otero (Apiario). Está dirixido a 15 persoas adultas e celebrarase con periodicidade mensual os venres de 16.45 a 19.15h na sala de traballo B do 3º andar. Estas son as datas das nove sesións previstas:

- 9 outubro

- 6 novembro

- 18 decembro 

- 15 xaneiro 

- 5 febreiro

- 5 marzo 

- 2 abril

- 7 maio 

- 4 de xuño
 

A inscrición realizarase exclusivamente a través do seguinte formulario (activo a partir do 1 de setembro ás 08:30): https://bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/formulario-de-inscricion-no-obradoiro-de-escrita-creativa-o-enxame-das-palabras-da-man-de-apiario 

As prazas serán adxudicadas por sorteo.

Requisitos para participar:

  • Idade: maiores de 18 anos
  • Carné: É imprescindible ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia antes de inscribirse.

Prazo: A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario que estará aberto na nosa páxina web dende as 08:30h do 1 de setembro ata as 23:59 do 15 de setembro.

Adxudicación das prazas: Farase por sorteo o 17 de setembro e o listado cos nomes das persoas admitidas publicarase na nosa páxina web.


 


 

Documentación