Minicampamentos culturais de verán na Biblioteca Pública Ánxel Casal

Imaxe

Unha alternativa cultural e lúdica para as vacacións das pequenas e pequenos que facilita ás familias a conciliación familiar e laboral.

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal organiza dous minicampamentos culturais que estarán a cargo de Osventos.
 
Datas e horarios
 
  • 1ª quenda: Do luns 22 ao martes 30 de xuño (6 días). O mércores 24 non hai campamento por ser festivo.
  • 2ª quenda: Do martes 1 ao luns 7 de setembro (5 días).

    De 8:30 a 14:30 h.

 Requisitos dos participantes
  • Idade: De 4 a 12 anos.
  • Carné: É imprescindible ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia antes de inscribirse.
Inscrición e prazas
  • Prazas: 20 por quenda
  • Límitación: É posible apuntarse a dúas quendas, pero só se poderá participar nunha delas.
  • Prazo: Dende o venres 29 de maio (00:00 h) ata o martes 2 de xuño (23:59 h).
  • Adxudicación das prazas: Farase por sorteo e comunicarase por teléfono ás persoas agraciadas.

A inscrición realizarase exclusivamente a través dos seguintes formularios (activos a partir do venres 29 de maio ás 00.00):

Documentación