Dende a biblioteca queremos coñecer a nosa historia local e poñer en valor o papel das mulleres como transmisoras da memoria oral.
Por iso, ofrecemos a actividade Receitas que nos fixeron soñar e propoñemos que traias ou envíes á biblioteca as receitas da túa vida.
Como podes participar?
- En persoa: Trae as túas receitas ao mostrador de información da biblioteca; logo de escanealas, devolverémoschas.
- En liña / a distancia: Envía as túas receitas (manuscritas, fotografadas, etc.) por correo electrónico a actividades.bibliotecas.santiago [at] xunta.gal (actividades[dot]bibliotecas[dot]santiago[at]xunta[dot]gal) ou ao teléfono 613 748 658.
En ámbolos dous casos, lembra incluír o teu nome e apelidos e a zona ou localidade da que son a receitas.
A data límite para a recollida ou o envío é o 22 de outubro.
Anímate a participar!
O 5 de novembro ás 19.00h no noso salón de actos faremos unha xuntanza e colgaremos as receitas dun tendal. Despois entregaremos ás persoas participantes un fanzine ilustrado pola relatora gráfica Adela Vázquez co resultado desta recolleita colaborativa. Para público xuvenil e adulto. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.