14 de Setembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela
A cargo de GALIX
Cedemos o espazo para realizar o acto de entrega do galardón Socia de Honra de GÁLIX á escritora Gloria Sánchez pola súa traxectoria profesional, obra e dedicación á literatura infantil e xuvenil galega. O acto, aberto ao público, contará coa presenza da escritora Gloria Sánchez, o escritor Miguel Vázque Freire, que realizará a laudatio de homenaxe, e o presidente de Gálix David Cortizo Conde e demais membros da directiva.
Na sala infantil. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.