Aufarbeitung. A República Democrática Alemá na cultura da memoria. Lembrar para comprender

07 - 29 de Setembro 2026, 8:30 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Exposición

A Biblioteca Ánxel Casal cede o espazo e acolle esta exposición producida pola Fundación Federal para o Estudo da Ditadura do SED (Bundesstiftung Aufarbeitung), promovida pola AGX (Asociación Galega de Xermanistas), o DAAD (Servizo Alemán do intercambio Académico), o Departamento do Alemán da EOI de Santiago de Compostela e traducido ao galego polo estudantado da Universidade de Vigo.

A través de 20 paneis ilustrados e con textos en alemán e galego, fotografías, documentos históricos e materiais audiovisuais, a exposición propón unha reflexión sobre como Alemaña afrontou o legado da ditadura da RDA e da división do país tras a reunificación. A mostra aborda cuestións como a apertura dos arquivos da Stasi, a xustiza transicional, a memoria das vítimas, os cambios sociais e políticos producidos desde 1990 e os debates que aínda hoxe suscita o pasado da Alemaña oriental.

Dirixida a toda a cidadanía, e especialmente a estudantes, profesorado e persoas interesadas na historia contemporánea europea, esta exposición constitúe unha oportunidade para comprender mellor os procesos de memoria histórica, democracia e reconciliación, así como para reflexionar sobre a importancia da defensa dos dereitos humanos e das liberdades democráticas.

A exposición pode visitarse no vestíbulo do 7 ao 29 de setembro na biblioteca en horario de apertura da biblioteca.