Charla sobre o libro ¡¡¡Nooo!!!

27 de Febreiro 2026, 18:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Da man do seu autor Eugenio Piñeiro Mejuto

Cedemos o espazo para que o autor fale do seu novo libro, publicado por Terra Ignota Ediciones.

¡¡¡Nooo!!! é unha novela de ciencia ficción de temática biopunk que bascula entre a distopía e a utopía e narra as peripecias vividas por unha náufraga espacial que loita por sobrevivir e conquistar a súa liberdade.

No salón de actos. Para público adulto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.