Co sorriso nos beizos

06 - 30 de Abril 2026, 8:30 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Mostra bibliográfica

Co gallo da exposición Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares, organizada pola Fundación Carlos Casares e que estará no noso vestíbulo do 6 ao 30 de abril, dende a biblioteca queremos colaborar neste evento e contribuír a difundir a súa obra máis humorística, presente tanto nos textos infantís e xuvenís coma nos de adultos.

Presentamos así, unha selección de textos nos que atopamos un escritor irónico que utiliza o disparate e a fantasía tanto na ficción como no ensaio e acompañamos os seus libros cos doutras autoras e autores como manifestación do humor escrito e debuxado en Galicia.

Pode visitarse do 6 ao 30 de abril no vestíbulo en horario de apertura da biblioteca.