24 de Outubro 2024, 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela
Roteiro a cargo de Manuel Gago
Desde a súa fundación como santuario no século IX, Santiago de Compostela convertiuse nun importante escenario de representación do poder real, pero tamén da propia idea do Reino de Galicia. Neste roteiro percorreremos localizacións que nos dan conta das pegadas que centos de anos de relación deixaron na cidade, nos seus monumentos e nas súas rúas, dando vida a un universo de memorias que nos levará desde a Alta Idade Media ata o século XX.
Dirixido a público adulto. Máximo: 25 participantes. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.