Contacontos de Samaín

31 de Outubro 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Con Marisa Irimia

Cando cae a tarde e as cabazas acenden os seus sorrisos, chega o momento de abrir a porta ás historias máis divertidas do Samaín. Neste contacontos viaxaremos entre meigas rebuldeiras, simpáticos pantasmas, morcegos curiosos e outros personaxes sorprendentes que nos demostrarán que o misterio tamén pode estar cheo de humor, imaxinación e tenrura.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.