21 de Setembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela
A cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia
Celebramos o Día das Linguas co Contacontos interpretado en lingua de signos. A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia interpretará contos na lingua de signos para as persoas que non poden ouvir e en voz alta para as demais.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.