A cargo da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer
Cedemos o espazo á Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer. Isabel Gey, a súa presidenta, entrega no noso salón de Actos o III Premio de Literatura Infantil “Simbad para o Recordo e o Alzhéimer”.
O galardón recaeu nesta edición sobre O nobelo de Nenuca, de Irene Alonso Gasalla e a ilustradora Ángela María Curro Sayáns. Celia Díaz Núñez recibirá un premio accésit pola súa obra A avoa canta como a cotovía.
Durante o acto, tamén se presentará o libro da Editorial Galaxia Sucos, de Ignacio Vidal, gañador en 2023 do Premio Simbad.
Usuarios e usuarias de Agadea lerán algunhas páxinas da obra antes de que o Ensemble ConcertArt, grazas ao seu proxecto social SanArte, poña o punto final ao acto de entrega.
No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.