Éxodo rural na Galiza. Unha conversa interxeracional

13 de Xuño 2025, 18:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

A cargo da asociación ROGA Colectiva

Cedemos o espazo á Asociación ROGA Colectiva para realizar unha xornada na que se abordará o fenómeno do éxodo rural en Galicia desde diversas perspectivas, recoñecendo tamén a relevancia e o impacto do mundo urbano nas nosas vidas. Comezará cunha charla informativa que analizará as causas, consecuencias e posibles solucións á migración do campo á cidade. A continuación, abrirase un coloquio e debate no que os asistentes poderán compartir as súas experiencias persoais como emigrantes ou descendentes de emigrantes, enriquecendo a discusión con testemuños directos sobre como as súas vivencias moldean a súa percepción da contorna.

 

Para finalizar, dinamizarase unha actividade participativa e para todas as idades que buscará fomentar a reflexión e o diálogo interxeracional sobre o valor do territorio rural galego e os seus desafíos, así como a comprensión do noso patrimonio tanto urbano como rural, influenciado polas nosas historias e traxectorias vitais.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.