Fala o fistor e faise o día

13 de Febreiro - 11 de Abril 2026, 17:00 - 14:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Mostra bibliográfica adicada a Xesús Alonso Montero

A Biblioteca Ánxel Casal quere facer esta homenaxe ao lingüista, mestre e poeta, dono dun compromiso social e político que o levou tamén a ser a vítima da represión durante a ditadura franquista. 

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid, os seus campos de investigación abarcaban desde a Literatura medieval ata a emigración galega e a investigación e divulgación da obra de moitos autores como Celso Emilio Ferreiro, Otero Pedrayo, Castelao, e por suposto Rosalía de Castro.

No ámbito da memoria histórica presidiu o Foro da Memoria Republicana de Galicia desde onde asumiu a publicación das Cartas de republicanos gallegos condenados a morte, na busca da restitución da dignidade das vítimas da represión franquista e a preservación do seu legado para as xeracións futuras. 

Académico da Real Academia Galega, ingresou cun discurso sobre a poesía civil na posguerra en Galicia e na emigración, onde asumiu a presidencia desde 2013 ata 2017, cando foi substituído por Víctor Freixanes. A propia Academia destacouno onte como un “mestre de mestres e grande exemplo de compromiso coa defensa e o estudo da lingua e da cultura galegas”. Verbas que subscribimos na súa totalidade.

No 2º andar. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.