Festa

03 de Outubro 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Contacontos con Iria Pinheiro

Iria Pinheiro fai unha festa de contos nos que a diversidade é o fío condutor. Unha contada poética e alegre baseada no teatro de obxectos que fará sorrir a crianzas e maiores.

Sopas insólitas, vacas que poñen ovos e amizades únicas son parte dos ingredientes das divertidas historias representadas nesta peza.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.