Espectáculo con Andamiaxe
Unha proposta participativa que pon en valor o patrimonio cultural inmaterial de Galicia a través da narración oral, a música e o baile.
A sesión comezará cunha animada foliada que convidará ás familias a sumarse con palmas e cantigas para crear, desde o primeiro minuto, un ambiente festivo e acolledor. No centro da escena, unha antiga caixa de madeira garda secretos e obxectos cheos de memoria. Cada elemento será a chave para descubrir un conto, unha lenda ou unha tradición, lembrándonos que o noso patrimonio máis valioso son tamén os oficios, as festas e as historias que pasan de xeración en xeración.
Entre xogos, música e participación activa, as familias converteranse nas verdadeiras protagonistas desta viaxe. Porque o patrimonio só permanece vivo se hai quen o conte, o cante, o baile e o comparta.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.