Ollo, piollo!

13 de Xuño 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Contacontos da man de Chus Álvarez.

No marco do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica Miúdo estará con nós a contacontos Chus Álvarez co seu espectáculo Ollo, piollo!.

Unha sesión de contos para ver, contar e cantar. Unha viaxe para camiñar xuntas, de conto en conto, xogando ao vexo, vexo entre imaxes e palabras.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala (70 persoas).