Piolliños

05 de Setembro 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Contacontos da man de Paula Merlán

Aroa e Adri son os mellores amigos, teñen moitas cousas en común, tantas... que ata comparten piollos! Mais non quedarán de brazos cruzados e poranse a traballar para facelos desaparecer. Serán quen de acadar o seu obxectivo?

Que pasa cando aparecen na nosa cabeza invitados indesexados? Ás veces non é tan doado desfacerse deles! Acompaña a Aroa e Adri mentres proban novos e divertidos métodos. Funcionarán?

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.