A poesía tamén conta

21 de Marzo 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Contacontos da man de Charo Pita

Celebramos o Día da poesía co contacontos A poesía tamén conta da man de Charo Pita. Esta é a chave do reino da poesía. Rimas, cancións que son poemas, poemas que se bailan, poesías que se miran, que fan rir, chorar, que nos arrolan. O reino da poesía é tan grande como a música, tan intenso como a palabra. Cábenos na boca, nas orellas, na mirada. No reino da poesía todo é xogo, todo é conto. Xogamos? Contamos?

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.