10 de Outubro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Contacontos da man de Marta Ortiz
Tralará ten o ritmo no corpo, con cantos e refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados.
Marta Ortiz propón neste espectáculo cancións, adiviñas, trabalinguas e contos rimados, pensados para que crianzas e familias aprendan e coñezan xuntas diferentes recursos da oralidade, literatura infantil e música dunha maneira divertida e participativa.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.