Vacabots: creación de robots sustentables

13 de Novembro 2025, 18:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Obradoiro a cargo de Vermislab

Neste obradoiro aprenderemos sobre ciencia e tecnoloxía mentres nos divertimos, ademais de reflexionar sobre a importancia de reutilizar, reciclar e coidar o medio ambiente.

Construiremos robots cos compoñentes técnicos necesarios e, ademais, con materiais reciclados. Todo pode cobrar vida cun toque creativo.

Cada robot será único, feito con materiais que atoparemos na biblioteca para darlles unha segunda oportunidade. A medida que avancemos, experimentaremos con diferentes deseños, inventaremos novas formas de movemento e deixaremos voar o maxín.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 9 anos. Hai 15 prazas. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.