A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural e a integración social, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.
As actividades que se realicen nos espazos da biblioteca non poden ter ánimo de lucro.
Os espazos que se poden solicitar son os seguintes:
-
Salón de actos
O salón de actos está a disposición de calquera persoa ou entidade que queira utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións, exposicións, conferencias, cursos...).
O salón de actos ten unha capacidade para 80 persoas e está equipado con equipo de son, iluminación, proxector e ordenador.
-
Espazos expositivos
A biblioteca pon os seus espazos a disposición de particulares ou institucións para a realización de mostras e exposicións artísticas, coleccións etc.
Consulta co persoal da biblioteca os espazos máis adecuados para as características da túa exposición.
Solicitudes
Pode solicitarse o uso destes espazos escribindo a direccionbps [at] xunta.gal (direccionbps[at]xunta[dot]gal) ou enchendo o Formulario de reserva de instalacións, cunha antelación mínima de 15 días hábiles.
Unha vez aceptada a solicitude deberá asinar a man a copia que lle proporcionen na biblioteca antes da realización da actividade.
Unha vez recibida a solicitude, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa solicitante para informala da aceptación ou denegación da solicitude. En calquera caso, a autorización está condicionada polas necesidades de uso da propia biblioteca.