23 de Maio 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Vigo
A Nube de Artear.
Nunha vella caixa viven todos eses ventos: o do norte, curioso e traveso; o do sur, cálido e soñador; o do este, que cheira a mar; e o do oeste, que sempre trae unha sorpresa.
Cada vez que alguén abre a caixa, os ventos espertan, mestúranse, enrédanse e... puf!, do seu baile nacen os contos. Contos que voan, viran e buscan unha voz que os faga vivir outra vez.
Idade: de 4 a 12 anos.
Duración: 45 minutos.
Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.