24 de Maio 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Pontevedra › Vigo
A Nube de Artear
Un peto é un sitio ideal para gardar de todo. No peto da dereita, van os contos para rir, para soñar ben, para cantar e namorar.
No da esquerda, os de chorar, os de esquecer. Pero nos dous, hai un buraquiño por onde se poden escapar e facer trasnadas. Así que ten coidado, vai amodo, abre as orelliñas e presta atención, que ou conto xa empezou.
Duración: 45 minutos.
A partir de 4 anos.
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.