27 de Xuño 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Vigo
Festival Atlántica
EXTRA!” é un espectáculo musical de Paco Nogueiras baseado no libro-CD editado por Kalandraka. Un divertido “xornal musical” no que as noticias se converten en cancións cheas de humor, ritmo e participación. Sucesos sorprendentes, deportes, cultura, opinión, pasatempos e información curiosa chegan ao escenario a través de melodías modernas, pegadizas e bailables. Unha proposta dinámica e alegre que invita o público a cantar, bailar e mirar o mundo con imaxinación. Porque en “EXTRA!” as noticias tamén se poden cantar… e berrar ben forte: EXTRA! EXTRAAAA!!!
Idade: de 4 a 12 anos.
Duración: 30 minutos.
Inscrición previa, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445, dende a o 15 de xuño.