Extra terrestre

21 de Febreiro 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Vigo

Juste Kamishibai

Montaxe de teatro de papel pop up e marionetas, tamén de papel, na que se conta a historia dun extraterrestre moi peculiar, que viaxa por varios planetas e coñece moitos outros alieníxenas moi diferentes, pero cos que descubrirá que ten algo en común.

“Extra terrestre” é unha historia con mensaxes e ensinanzas sobre a amizade, a tolerancia, o respecto, a igualdade e a xenerosidade.

Idade: de 4 a 12 anos.

Duración: 45 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.