Felipe Caxoto
Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer... eran traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.
Nestas festas e foliadas tiñan un papel primordial as cantareiras tal é así que este ano dedicáselles o Día das Letras Galegas a 5 desas cantareiras que axudaron a manter vivas as nosas tradicións compartindo coas novas xeracións as súas cantigas, o seu xeito de ver a vida, a súa retranca. Elas eran Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar.
Función de contos, cantos, bailes co fin de manter viva a memoria destas mulleres e levarnos nunha viaxe a aqueles tempos onde unha noite no muíño, unha noite non era nada.
Sala infantil.
Duración: 50 minutos.
Idade: de 4 anos en adiante.