Como podo saber se a biblioteca ten o libro ou material que quero?

A colección da biblioteca está formada por diversos materiais: libros, xornais e revistas, música, películas, libros electrónicos, postais, carteis, etc.

Podes consultar os materiais da nosa colección, ou a de calquera outra biblioteca da Rede, así como a súa dispoñibilidade, accedendo ao catálogo en liña (OPAC): https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/.

O catálogo ofrece a posibilidade de realizar unha busca avanzada, permitindo localizar documentos en toda a rede ou limitar os resultados a unha biblioteca concreta e tamén acoutalos segundo diversos parámetros (palabra clave, título, autor, materia, tipo de material, lingua...). Ademais, unha vez realizada a busca, os resultados poden filtrarse por xénero, idioma, lugares, materias...

Tamén se poden consultar as listas creadas polas bibliotecas da Rede e ler os comentarios engadidos por outros usuarios.

Na propia biblioteca atoparás terminais para consultar o catálogo en liña. Por suposto, tamén podes solicitar o que buscas ao noso persoal.

Lembra que, se es usuario ou usuaria da Rede de Bibliotecas de Galicia, ademais tes acceso á plataforma de libro electrónico GaliciaLe, onde podes atopar distintos materiais en formato dixital, como libros e revistas, audiolibros e audiovisuais. GaliciaLe conta con dous catálogos, o Catálogo galego e o catálogo en castelán, eBiblioGalicia.

Tamén che pode interesar:

Preguntas frecuentes > Como funciona a plataforma de préstamo dixital GaliciaLe?