Os libros e outros materiais da biblioteca están dispoñibles en formato dixital?

A biblioteca conta cunha ampla colección de materiais dixitais en formatos CD, DVD, BR ou CD-rom, entre os que poderás atopar música, películas, videoxogos, programas de ordenador e libros especiais.

Ademais, a Rede de Bibliotecas de Galicia dispón dun servizo de préstamo dixital común para todas as bibliotecas, ao que poden acceder as persoas que sexan usuarias de calquera delas. Conta con dous catálogos: o catálogo galego e outro que aloxa fundamentalmente a colección en castelán, eBiblioGalicia. Neles poderás atopar libros, audiolibros, películas e revistas.

Tamén che pode interesar: Como funciona a plataforma de préstamo dixital GaliciaLe?

Máis información en:

GaliciaLe