Se tes libros ou outros materiais que cres que poden ser de interese para a biblioteca, podes ofrecerllos en doazón. Ten en conta que a biblioteca conta con espazo limitado e debe seleccionar unicamente aqueles materiais que resultan de interese para a súa colección, polo que antes de entregalos debes facilitar un listado coas obras ou materiais que desexas doar.
Podes facelo a través deste formulario, no que atoparás detalladas as condicións da entrega.