Club de xogos de mesa

Imaxe
Presencial
Xuvenil
Público adulto

Os xogos de mesa son unha excelente ferramenta para desenvolver diversas habilidades de lóxica, estratexia, colaboración, etc. Por iso, dende o ano 2024, a biblioteca conta cun club específico para fomentar o seu uso e coñecemento.

Os xogos de mesa son unha excelente ferramenta para desenvolver diversas habilidades de lóxica, estratexia, colaboración, etc. Por iso, a biblioteca conta cun club específico para fomentar o seu uso e coñecemento, nun ambiente aberto, distendido e interxeneracional.

O noso club de xogos de mesa encádranse dentro da programación para a difusión do Espazo Xove. Comeza en xaneiro de 2024 cunha proba piloto e, en setembro dese ano, ábrese convocatoria dentro das actividades regulares da biblioteca para o curso 2024-2025.

Entre os seus obxectivos xerais destacamos:

  • Servir de lugar de encontro para persoas interesadas nos xogos de mesa que, doutra maneira, non terían con quen xogar, ou ás que lles gusta compartir o seu interese polos xogos de mesa sempre que teñen ocasión.
  • Normalizar os xogos de mesa como actividades que teñen cabida dentro de espazos culturais como as bibliotecas.
  • Actuar como actividade interxeneracional onde todas as idades son benvidas.

O club desenvólvese de setembro a xuño en dúas quendas mensuais:

  • Un mércores ó mes de 17:00 a peche da biblioteca, en varias mesas do Espazo Xove, no andar baixo da biblioteca. Para persoas a partir de 14 anos.
  • Un sábado ó mes 10:30 a 13:30, nunha sala de actividades pechada da biblioteca. Para persoas a partir de 18 anos. 

En cada sesión, o grupo repártese en varias mesas para probar xogos diferentes. Os elixidos en cada sesión varían entre os ofertados pola propia biblioteca (entre outros, Patchwork, Saboteur, Código secreto ou Azul) e os que as propias persoas participantes achegan para xogar co grupo. É habitual que a dificultade dos mesmos varíe en cada mesa, de maneira que as persoas menos acostumadas a estas dinámicas vaian collendo seguridade pouco a pouco.

Para o curso 2026-2027, a inscrición será libre e independente para cada sesión, de mércores e de sábado, unha semana antes da mesma.

De maneira paralela, na sección infantil desenvólvense, tamén ó longo do ano, sesións de xogos de mesa en sábado, para cativada entre 7 e 12 anos.