Obradoiros continuados e monográficos para a mocidade

Imaxe
Presencial
Xuvenil

A biblioteca ofrece obradoiros continuados de diferentes temáticas e para case todas as idades.

A biblioteca ofrece obradoiros continuados de diferentes temáticas e para case todas as idades. Por regra xeral o prazo de inscrición ábrese a segunda quincena de setembro, pódese anotar ben presencialmente, no mostrador do andar cero ou chamando ao 988 788385/86. 

Así agora mesmo para a xente moza temos: 

Obradoiros de Escritura Creativa  para xente nova (entre 14 e 30 anos), Obradoiros dirixidos ó desenvolvemento de estratexias creativas para a composición de historias. Para persoas entre 14 e 30 anos. 4 sesións en outubro e novembro. Quincenal. Mércores 19:00h. 

Obradoiro de Ilustración. Yago García continúa a impartir sesións adicadas á ilustración para persoas maiores de 12 anos. Reunións mensuais o 3ª sábado do mes ás 11:30.

Documentación