A biblioteca ofrece obradoiros continuados de diferentes temáticas e para case todas as idades.
A biblioteca ofrece obradoiros continuados de diferentes temáticas e para case todas as idades. Por regra xeral o prazo de inscrición ábrese a segunda quincena de setembro, pódese anotar ben presencialmente na no mostrador do andar cero ou chamando ao 988 788385/86.
Así agora mesmo para a xente moza temos:
Obradoiros de Escritura Creativa para xente nova (entre 14 e 25 anos), Obradoiros dirixidos ó desenvolvemento de estratexias creativas para a composición de historias. Contamos con 2 grupos que teñen lugar, un mércores ó mes ás 18:00.
Obradoiro de Ilustración. Yago García continúa a impartir sesións adicadas á ilustración para persoas maiores de 12 anos. Reunións mensuais os sábados ás 11:30.