Realizamos visitas guiadas concertadas para adultos e nenos
Acompáñanos a coñecer a biblioteca.
Realizamos visitas guiadas concertadas para adultos e nenos. A Biblioteca é un espazo público aberto a todo o que queira achegarse a ela e nós estamos encantados de ensinar o seu funcionamento. Por iso, se queredes coñecer as súas instalacións e todo o que ofrece, podedes anotarvos a esta actividade que realiza o persoal da biblioteca.
- Visitas para adultos :
Os luns pola tarde de 16.00 a 17.00 h. e os martes pola mañá de 10.00 a 12.00 h.
Inscricións no mostrador de información do andar 0 ou no caso de ser un grupo, enviando un correo electrónico a bpou.direccion [at] xunta.gal (bpou[dot]direccion[at]xunta[dot]gal) para reservar a data.
- Visitas para grupos escolares: Teñen como obxectivo introducir aos nenos e nenas na biblioteca e todo o que ela lles pode ofrecer.
Facemos visitas escolares dous días a semana e os días e horarios serán concertados coa biblioteca.
Os grupos deben ser dun máximo de 25 nenos e nenas e as visitas estarán adaptadas ás idades dos grupos. Así temos tres tipos de visitas:
- 2 a 5 anos (mércores (preferentemente) e vernes)
- 7 a 12 anos (mércores, xoves (preferentemente) e luns)
- 13 o máis (luns pola tarde e martes pola mañá)
Cada unha ten unhas características diferentes: os pequenos teñen unha animación, os medianos un xogo de pistas ou similar, os maiores coñocen toda a biblioteca.
Os grupos no deben ser moi grandes. Ceñímosnos a "unha visita, unha clase". En calquera caso non é aconsellable máis de 30 persoas.
Tamén recomendamos que o colexio decida que curso visita a biblioteca por cada tramo para que, co paso dos cursos, veña todo o cole.
A visita dura entre 1 h - 1h 15 minutos, porén poden quedarse máis tempo lendo ...
Pedimos ao profesorado que acompañen aos nenos e nenas que participen na visita (no xogo e tamén na animación) para un mellor funcionamento da actividade.
Incricións enviando un correo electrónico a bpou.direccion [at] xunta.gal (bpou[dot]direccion[at]xunta[dot]gal) para reservar a data.
* Calquera solicitude fóra destas condicións valoraranse individualmente.