ABRIMOS NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN O LUNS 16 DE XUÑO Campamentos de Verán - Campamento Pequenos grandes artistas (4-6 anos)

Imaxe

ACTUALIZACIÓN:

Unha vez comprobadas todas as solicitudes para participar nos campamentos de verán queda algunha praza libre (en todas as quendas) no campamento para os máis pequenos, de 4 a 6 anos. 
Por iso o luns 16 de xuño, a partir das 10.00h, volvemos a abrir o formulario de inscrición (só para este campamento).

 

A Biblioteca Pública de Ourense Nós realizará un campamento de Conciliación Familiar “Pequenos grandes artistas”, coordinado por Xeitura Xestión do Patrimonio Cultural durante os meses de xuño a setembro.

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables e é executada pola Xunta de Galicia con financiamento do Ministerio de Igualdad (Gobierno de España). 

O campamento “Pequenos grandes artistas” realizarase de luns a venres,  para nenas e nenos de 4  a 6 anos. (Deberán ter esa idade no momento de inicio da quenda correspondente do campamento). 

Realizaranse 5 quendas en horario de 9.00 a 14.00 h:

  • PRIMEIRA quenda: do 23 de xuño ao 11 de xullo
  • SEGUNDA quenda: do 14 de xullo ao 1 de agosto
  • TERCEIRA quenda: do 4 de agosto ao 14 de agosto
  • CUARTA quenda: do 18 de agosto ao 29 de agosto
  • QUINTA quenda: do 1 ao 5 de setembro

Para participar no campamento é necesario inscribirse a través do formulario de inscrición. A inscrición ábrese o día 16 de xuño ás 10:00 h, sendo imprescindible ter carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia no momento da inscrición. O número de rapaces por quenda é de 20. As prazas dispoñibles serán outorgadas por estrita orde de chegada.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario, accesible dende a ligazón que se mostra a continuación ou dende o Código QR do cartel (o acceso á inscrición estará pechado ata o 16 de xuño ás 10:00):

Formulario de Inscrición


O campamento “Pequenos grandes artistas” estará coordinado por Xeitura Xestión do Patrimonio Cultural e desenvolverase nos meses de xuño e setembro, inclúe unha ampla oferta de actividades para todos os gustos: traballarán a psicomotricidade, explorarán diferentes formas de expresión artística e coñecerán a vida e obra de mulleres e homes que fixeron historia no mundo da arte. 

Unha proposta divertida e enriquecedora para que as nenas e nenos gocen das vacacións ao tempo que desenvolven a súa imaxinación, mentres as súas familias contan cun apoio para conciliar.

 

Información Xeitura : inscricions.biblioteca.ourense [at] gmail.com (inscricions[dot]biblioteca[dot]ourense[at]gmail[dot]com)