A Biblioteca Pública de Ourense Nós realizará un campamento de Conciliación Familiar “A chimpos polo Mundo”, durante o verán, Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables e é executada pola Xunta de Galicia con financiamento do Ministerio de Igualdad (Gobierno de España).
O campamento realizarase de luns a venres, non festivos, do 24 de xuño ao 6 de setembro, para crianzas de 4 a 6 anos. (sen superar os 6 anos no momento da realización do campamento).
Realizaranse 4 quendas en horario de 9.00 a 14.00 h:
- PRIMEIRA quenda: do 24 de xuño ao 12 de xullo (15 días)
- SEGUNDA quenda: do 15 de xullo ao 2 de agosto (15 días)
- TERCEIRA quenda: do 5 ao 23 de agosto (15 días)
- CUARTA quenda: do 26 de agosto ao 6 de setembro (10 días)
Para participar no campamento é necesario inscribirse a través da nosa páxina web. A inscrición ábrese o día 10 de xuño as 9.00 h, sendo imprescindible ter carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia cando comece a inscrición. O número de crianzas por turno e de 20. As prazas dispoñibles serán otourgadas por estrita orden de chegada.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario, accesible dende a ligazón que se mostra a continuación e dende o Código QR do cartaz (o acceso á inscrición estará pechado ata o 10 de xuño):
O campamento de conciliación “A Chimpos polo mundo” estará a cargo de Xeitura , e ten como obxectivos fomentar o hábito e o goce da lectura; adquirir valores de igualdade, tolerancia, respecto e responsabilidade; potenciar o xogo e o traballo cooperativo , a imaxinación e a creatividade; favorecer a relación pacífica cos seus iguais; valorar o entorno no que vivimos; coñecer e valorar as diferentes culturas e paises do mundo.
Información Xeitura : email: reservas [at] xeitura.com (reservas[at]xeitura[dot]com)