Estreamos aseo adaptado para persoas ostomizadas

Imaxe

A Biblioteca Pública do Estado en Ourense Nós, xestionada pola Consellería de Cultura, Língua e Xuventude da Xunta de Galicia, ven de adaptar un baño deseñado pola Asociación ACCU Ourense de persoas con Enfermidades Inflamatorias Instestinales, para persoas ostomizadas.

Desta forma as persoas ostomizadas contan cun recurso máis na cidade de Ourense. Mellórase así o seu dereito á mobilidade e a acceder a un aseo en condicións saudables e hixiénicas. 

As bibliotecas, espazos públicos e gratuítos, garanten o acceso á cultura, ocio e educación e son lugares de acollida en igualdade de condicións para todas as persoas.

A Biblioteca Pública de Ourense Nós, como espazo público e de acceso libre, da un paso máis para garantir a igualdade e benestar de todas as persoas.