Formación Dixital

Imaxe

Programa gratuíto de capacitación en competencias dixitais da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia lanza un programa gratuíto de capacitación en competencias dixitais, Formación Dixital.

  • Formación Dixital é un programa formativo para obter a capacitación en competencias dixitais intermedias que a Xunta de Galicia ofrece á cidadanía. Comezou o 24 de outubro de 2024 e estenderase ata o 2026.
  • É totalmente gratuíto, 100% en liña e 100% titorizado
  • Ten unha duración máxima de 10 semanas (250 h.) pero cada persoa pode facer a formación ao seu ritmo.
  • Ademáis é unha formación moi práctica, con vídeos, contido interactivo, sesión grupais de acompañamento e hai un tutor que leva o control de toda a formación. O alumno terá unha guía práctica para levar o temario. O contido estará en galego e castelán.
  • Ao finalizar a formación recibirá un diploma acreditativo da formación completada, emitido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia
  • E tamén ofrece a preparación necesaria para optar á obtención do ComDix.

Tedes máis información an súa páxina web Formación Dixital e nos folletos que xuntamos máis abaixo.
 

Documentación