Iniciación ao mundo dixital. Nova actividade para maiores de 60 anos

Imaxe

Curso que imos poñer en marcha xunto a Cibervoluntarios, "Eu conecto", de iniciación ao mundo dixital para persoas maiores de 60 anos. 

Nel, veranse entre outras cousas, a configuración básica do teléfono (dende apagalo e encendelo ata poñelo en silencio, vibración...) descargar un antivirus de balde, coñecer onde se garda a información no móbil (carpetas, memoria interna e externa), a cámara, a galería. Manexar aplicacións básicas como o correo ou Google maps, etc.
A duración será de 12 horas repartidas en catro sesións os días 2, 5, 9, e 12 de febreiro. 
O prazo para anotarse comeza o venres 9 de xeneiro ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788 385 /386.

En marzo haberá un segundo curso sobre Seguridade dixital para saber protexer o noso mundo dixital.