"Papis con sentidiño" , novo espazo

Imaxe

Este outono comeza na Biblioteca un novo espazo, "Papis con sentidño"

Cres que educar e coidar é un reto que se aprende día a día?

Un sábado ao mes abrimos un espazo para pais e nais que queren reflexionar, aprender e compartir sobre igualdade, corresponsabilidade e coidado en familia.

Participa nos diferentes talleres: 

  • Responsabilidade ou corresponsables
  • As tarefas non teñen xénero
  • Os coidadores: a carga mental
  • Coida e cóidate
  • Contorna e sociedade coidadora
  • Xogos e contos sen roles
  • Rompendo roles no deporte
  • Visibilizar o invisible

Primeira sesión: Responsabilidade ou correspondencia (sábado 15 de novembro ás 11:30 h)

Falaremos das diferenzas entre ser responsable e corresponsable, e de como repartir as tarefas e decisións no fogar de forma equilibrada. Un encontro para pensar, dialogar e construír familias máis xustas e conscientes.

* Inscricións chamando a Biblioteca (988 788 385/386) dende o venres 7 de novembro.