A Biblioteca Nós vén de publicar
un folleto escrito en lectura fácil
sobre as cantareiras homenaxeadas
no Día das Letras Galegas deste ano.
Co permiso da Associació Lectura Fàcil
este traballo leva o selo LF,
que garantiza o seguimento
das directrices internacionais
de Lectura Fácil.
Na Biblioteca temos un folleto
en papel para prestar.
Podes encontralo na Biblioteca Accesible,
que está no segundo andar.