A Biblioteca Nós vén de publicar
un folleto escrito en lectura fácil
sobre Luísa Villalta,
a quen se lle dedicou
o Día das Letras Galegas deste ano.
Co permiso da Associació Lectura Fàcil
este traballo leva o selo LF,
que garantiza o seguimento
das directrices internacionais
de Lectura Fácil.
Na Biblioteca temos un folleto
en papel para prestar.
Podes encontralo na Biblioteca Accesible,
que está no segundo andar.