Aprazado
Caras e lugares

28 de Febreiro 2026, 11:30
14 de Marzo 2026, 11:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense

Obradoiro plástico

Este sábado teremos da man dos creadores Pablo Otero e Mark Ritchie un obradoiro plástico de creatividade sobre retratos e paisaxes íntimas que supón unha exploración estética persoal dentro das posibilidades expresivas que ofrecen formatos e técnicas artísticas como o Silhouette ou a Cianotipia. 

Actividade interxeracional, de + de 12 a 99 anos!

Inscricións dende o venres 20 de febreiro ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788 385/ 386