09 de Maio 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense
Celebramos as Letras Galegas con Servando Barreiro
Mitos, lendas e cantigas é un espectáculo de narración oral e música en directo inspirado na obra de Begoña Caamaño, que revisita a mitoloxía clásica desde unha perspectiva feminina.
A través de romances, cantigas e palabra contada, recupera figuras como Circe, Penélope ou Morgana, poñendo en valor o papel das mulleres no mito e na tradición oral.
Unha proposta para público familiar que combina, patrimonio, creación contemporánea e igualdade.
Duración: 45 minutos
Público familiar ( a partir de 4 anos)
Para asistir a actividade é necesario facer a inscrición previa dende o luns 4 de maio (venres 1 é festivo) ben presencialmente ben chamando aos números de teléfono : 988 788 385/386