Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil

14 de Marzo 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense

Vén pasar unha mañá chea de diversión cós xogos de mesa da biblioteca.  Haberá xogos para rir, aprender e xogar en equipo. 

Actividade para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

Para asistir a ela é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 6 de marzo ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386