A pel abrigo da alma

05 de Novembro - 12 de Decembro 2024, 19:30
Imaxe
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense › Ourense

Exposición de pinturas de María Pinal

Os cadros son como as persoas,

ao principio atráenche e gústanche,

pero cando as coñeces, tes que aceptalas”.

(María Pinal Trashorra) 

O martes 5 de novembro inaugúrase a exposición de pinturas de María Pinal Trashorra (Ourense 1981-) e que mello que as súas palabras para presentala: 

"Son María Pinal Trashorras, unha artista que traballa a partir de símbolos ou obxectos cotiáns. Da figuración destes símbolos acercome

a unha linguaxe abstracta e paradoxal. Traballo a miúdo con acrílicos sobre lenzo, cores vivas e complementarias e formas sinxelas.

Como un rito chamánico, pintar dame paz; é o camiño espiritual que -en contacto coa materia do cadro- axudame a comunicarme

cos demais. Axudame a sentir amor e a reivindicar situacións inxustas. A miña pintura é existencialista e emocional.

Trato os grandes temas: a morte, o amor, a dor, e o medo.

Estudei Belas Artes, Monitora de lecer e Formador de formadores. Amoso a miña obra en exposicións e gañei varios premios

en concursos de artes plásticas. Son tamén profesora de Debuxo e Pintura."